
"Casa Sabariz" atópase situada na aldea de Sabariz, unha zona moi fermosa onde o paso do tempo é moi confortable. Esta zona xeográfica caracterízase pola súa localización estratéxica, posto que está no medio de tres importantes vilas (Allariz, Celanova e Xinzo), ademais de por a cantidade de vexetación autóctona aínda intacta e pola conservación das tradicións populares.
Nesta casa, que na súa orixe foi unha antiga casa de labranza de máis de 150 anos de antigüidade que foi rehabilita por completo, hoxe ofrecemos un lugar acolledor e bellamente decorado, onde poder relaxarse e gozar das súas 4 habitacións de matrimonio e 1 con dúas camas, cada unha co seu respectivo baño. Nosa Sala-galería á beira dun patio axardinado, onde calquera libro vólvese unha tentación. Tamén poderá degustar deliciosos pratos tradicionais elaborados cos mellores produtos.