Rectoral de Candás
Presentación
Rectoral de CandásBenvido ao noso establecemento.

Antiga casa reitoral da parroquia de San Martiño de Candás, no concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. Construída hai máis de 200 anos foi rehabilitada recentemente, ano 2003, como establecemento de turismo rural.

Lugar ideal para o descanso, nunha contorna privilexiada de gran valor paisajistico e natural, en plena natureza, por iso esta zona foi incluída no Area de Allariz declarada no ano 2005 como Reserva da Biosfera pola UNESCO. Tamén pode servir como punto de partida desde o cal se pode coñecer e desprazarse pola provincia de Ourense e o norte de Portugal.

Na nosa casa ofrecemos comida caseira, pratos da cociña galega e tradicional cos produtos da terra. A maioría dos produtos utilizados para a súa elaboración procecen de explotacións de agricultura e gandaría ecolóxica da zona,( moitos de nosa propia horta), tamén do resto de Galicia e de España. Así podemos dispor de produtos de excelente calidade: carnes, gran variedade de verduras, hortalizas e froitas, viños, aceites... moitos deles avalados polos consellos reguladores de agricultura ecolóxica das distintas rexións de España.
 Acerca de limiaverde.com | Aviso legal | Contactar
 Copyright © 2010 Limia Verde
 Desenvolvemento  NETGAL
AGADER Axencia Galega de Desenvolvemento Rural            Xunta de Galicia Consellería do Medio Rural             Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino        Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural