(+34) 988 418 123 |
| O Retiro do Conde |
Comprácenos darlle a benvida e pornos á súa disposición para que goce do seu paso pola nosa casa. O Retiro do Conde é unha bela construción do século XVII, antigo Pazo da familia Espada e posteriormente de Branco-Rajoy, na que realizamos unha impetuosa restauración conservando o sabor do antigo pero sen renunciar ás máis actuais comodidades de calquera establecemento de alta calidade. Ambiente cálido e próximo, que xunto á nosa profesionalidade son algunhas das pequenas cousas que pomos á súa disposición, para que a súa estancia entre nós sexa o máis pracenteira posible. Rutas histórico-artísticas, gastronómicas, vitivinícolas, e de sendeirismo, caza e pesca axudarannos a coñecer e a mimetizarnos coa contorna. Contamos cun total de seis habitacións perfectamente equipadas con todas as comodidades de hoxe en día pero mantenendo o espírito de outrora, camas de fermosos cabeceros de madeira e ferro... |