Ruta Currosiana

O obxectivo desta ruta a coñecer ó visitante as paisaxes, lugares, paraxes, e elementos singulares do entorno próximo da vila de Celanova relacionados coa obra poética de Manuel Curros Enríquez.
 
"O poeta Manuel Curros Enríquez nace en Celanova o 15 de setembro do ano 1851, na Rúa do Gobernador nº 37, hoxe Rúa de Manuel Curros Enríquez, onde está a actualmente A Casa dos poetas.  Da súa existencia en Celanova quedan as vivencias dos seus primeiros catorce anos, antes de fuxir a Madrid á casa dun irmán. Deste tempiño levará no fondo da súa alma, o cariño pola nai, a acedume por un pai imposible, a lingua do pobo labrego, os paseos co mestre Rebullo polo garimoso Val do Sorga, os soños e fabulacións dun neno que co tempo chegaría a ser o máis grande poeta civil de Galicia; nese lugar intermedio elixido por Rosendo da cabalo do ermo das poulas da Chaira do Leboreiro, e as veigas feraces e mimosas do río Arnoia, ó seu paso pola Terra de Celanova, camiño da Raia."
 

• Datos principales

Recorrido: 8,1 Km.
Duración aprox.: 3 a 3,5 horas.
Señalización: Hay indicadores en todas las desviaciones de los puntos indicados más abajo. Aunque se recomienda imprimir estas instrucciones.
Accesibilidad: El recorrido se puede hacer en coche, excepto  el acceso cerrado a San Trocado e as reviravoltas entre PenaIta, Einibó y A Carballeira.  
 

• Itinerario

1) Saida. O MOSTEIRO: Saida de Celanova pola rúa Emilia Pardo Bazán (escritora), baixada pola rúa Castor Elices (poeta) cara á parroquia de Mourillós. Visita ó mosteiro de San Salvador (Colexio dos P.P. Escolapios onde estudiou Curros). Lectura de “A igrexa fría" (lugar do bautismo).
2) 0,650 Km, Capela do San Trocado. Mencionada do poema de “O gueteiro”.
3) 1,150 Km, Campo de Mourillós. Sóbese á dereita por forte costa seguindo o indicador.
4) 1,750 Km, Desvío sinalizado á esquerda cara Penalta.
5) 1,900 Km, Penalta. A 50 mts antes de Penalta séguese unha pista que a pouco muda en camiño por piñeiral e que leva a Einibó. Lectura de "O gueiteiro de Penalta" (a casa do gaiteiro).
6) 2,900 Km, Einibó. Ó final da aldea cóllese baixando cara ó oeste, entre as casas e as leiras, o camiño da carballeira. Lectura de “Unha boda en Einibó” (eira onde se celebrou a voda).
7) 3,300 Km, O camiño sae á Verea Vella de Allariz, xiro á esquerda cara a Carballeira (casas nova inmediatas).
8) 3,500 Km, A Carballeira, continuar á fronte cara Celanova pola Verea Vella de Allariz. Lectura de "Nouturnio". Lectura de "A sociedade lírica da Habana" (o lirismo da paisaxe galega).
Ruta Currosiana9) 4,200 Km, O campo de Mourillós, saída xusto fronte ó fermoso cruceiro do lugar. Desvío á dereita cara a igrexa.
10) 4,300 Km, Igrexa parroquial de Mourillós con vestixios románicos na espadana.
11) 4,600 Km, Mourillós. Da mesma aldea sae cara enriba o camiño que leva á Devesa. Pódese seguir tamén a pista que segue e que leva á Coutada sen pasar pola Devesa e onde se xuntan as dúas rutas. Lectura de "Os mozos" (o esmorecemento do rural).
12) 5,000 Km, A Devesa, continuar cara á dereita en dirección a estrada N-540 e camiño do Cristal e Ourense 5,400 Km. Durante este traxecto camíñase pola Coutada (antiga propiedade do mosteiro que nos lembra o  poder dos abades inxerido nos muros ciclópeos). Lectura de "No convento" (O anticlericalismo do poeta).
13) 5,800 Km, Entronque coa N-540, seguir cara abaixo dirección a Ourense.
14) 6,300 Km, Santuario do Cristal. Desvio á esquerda case a fronte do concesionario da Renault polo vello camiño de acceso ó burgo medieval chamado A Barronca (antiga vía romana) cara a vila de Vilanova dos Infantes. Lectura de “A Virxe do Cristal”.
15) 6,700 Km, Vilanova dos Infantes. Visita á Virxe do cristal. Na visita ó centro comarcal pódese ver un audio­visual sobre Curros e demais persoeiros da Terra de Celanova. Lectura de "O último fidalgo" (brasóns nobiliarios nas casas).
16) 7,200 Km, Regreso a Celanova pola estrada vella. A costa: Rampla, moi dura, que nos leva cara enriba deica a parte alta de Celanova polo Grupo Escolar. Lectura de "A nena na fonte" na fonte que hai a 100 mts antes da costa.
17) 7,600 Km, No alto encóntrase a estrada de Ramirás, crúzase sen máis e séguese de fronte pola rúa do barrio da Pedradamoa que culmina polo norte en Cela­nova.
18) 7,800 Km, A Pedra da Moa. Xiro ó final da rúa á esquerda baixando pola rúa de Curros Enríquez. Lectura de "Elexia curros neno" de Celso Emilio Ferreiro.
19) 8,100 Km, Celanova, chegada á casa do poeta. Visita á casa natal de Manuel Curros Enríquez.
 

Mapa Ruta Currosiana

ruta curros plano