Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
Lagoa de Antela PDF Print E-mail
.

 
Na comarca da Lima existiu ata hai unhas décadas a lagoa de Antela, unha das  lagoas máis importantes da Península Ibérica. Esta lagoa atesouraba unha gran riqueza arqueolóxica, paisaxística, histórica, toponímica, etc., eunha flora, fauna e folclore característicos. Tiña 7 Km. de longo e 6 Km de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban esas dimensións, así como a súa profundidade, que normalmente tiña unha media de 0,60 metros chegando nalgúns "pozos" ata os tres metros.
 


Lagoa de AntelaInnumnerables foron os intentos de desaugamento e proveitamento da súas terras para o labradíu, ata o seu definitivo desecamento polo Instituto Nacional de Colonización a partir do ano 1958. Os romanos tentárono coa construccción dun emisario principal e unha tupida rede de pequenas canalizacións que realizarían as súas funcións en época de estiaxe. Os restos destas pequenas canalizacións pódense observar na área recreativa da Lagoa de Antela preto do canal da lagoa.

Un índice da súa importancia excepcional eran os miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano.

Acerca dela contábanse infinidade de lendas, entra as máis fermosas está a da cidade de Antioquía, asolagada en castigo por idolatra-lo galo. E a dos mosquitos cínifes, que eran o rei Artús e os seus soldados que estaban enmeigados naquela veiga.

No que foi no seu día o sur da lagoa instálaronse, a partires do ano 1972, varias empresas dedicadas á extracción de area, que é moi apreciada para a construcción. Neste intre téntase recuperar esta riqueza faunística e botánica mediante a recuperación das charcas das areeiras abandonadas.




Ver mapa más grande

• Datos principales

- Data desecación: A partires de 1958.
- Superficie: 7 Km x 6 Km.


Textos (XAVIER FEIJOO)
   Copyright © 2010 Limia Verde
Desarrollo NETGAL
AGADER Axencia Galega de Desenvolvemento Rural            Xunta de Galicia Consellería do Medio Rural            Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino       Fondo Europeo Agricola de Desarrollo Rural