| Igrexa de Santa Comba |
|
|
|
|
Igrexa visigoda situada no concello de Bande (Ourense). Formaba parte do conxunto dun mosteiro que contaba con outros dous edificios, que non se conservan. É a igrexa máis antiga de Galiza; parece que foi fundada no século VII cando, segundo a tradición, a xente que fuxÃa dos árabes ocultou aquà o corpo de San Trocado, un dos primeiros discÃpulos do Apóstolo Santiago.
OrganÃzase segundo un sistema de planta cruciforme con varias cámaras laterais e o seu plano está formado por unha combinación de liñas rectas. Posúe elementos de herdanza clásica adaptados aos novos plantexamentos: tal é o caso dalgún capitel, columnas ou basas.Sufriu unha reforma nos s. IX-X que se advirte, por exemplo, nunha certa irregularidade na reorganización dos seus sillares, a maior parte dos muros están mal escuadrados; outros elementos, polo contrario, reflicten a presenza dunha nova estética que combina con elementos anteriores sen alterar en gran maneira a súa estética e técnica anteriores.
O edificio posúe regras de proporcionalidade definidas por un módulo: a columna da ábsida (1,35 m), nunha relación orgánica de medida co ancho e altura máxima de, 9 e 6,5 m respectivamente. En canto ao espazo, obsérvase en Bande unha concepción nova concepción, que fai referencia ao modelo bizantino: o espazo centralizado está cuberto por unha bóveda de aresta capialzada a modo de cúpula, como un baldaquino, convertendo á igrexa nunha imaxe do cosmos: a bóveda representa ao ceo e a infraestrutura forma a zona terrestre manando a luz da "cúpula divina" e difuminándose o entorno sustentante. Polo que se refire aos elementos morfolóxicos, a súa orixinalidade non depende tanto das súas propiedades estéticas como do seu lugar na estrutura. Entre os capiteis distÃnguense un tardorromano aproveitado, unha variante sobre o mesmo ou capitel hispano visigodo, da primeira época do edificio, e dous trapezoidais de fins do s. IX-X.  • Datos principaisIgrexa de Santa Comba de BandeSanta Comba, s/n 32840-Bande  • Contactomanuela.bande Fax: 988 443 140 • DataciónOrixinaria do século VII, foi posteriormente reformada ao longo do s. X.• VisitasPódense facer visitas, previa cita concertada, chamando por teléfono e preguntando por Marisel. A entrada é gratuÃta.
|