Estas xornadas pechan o traballo realizado desde setembro de 2015 e durante o cal se realizaron máis de 55 entrevistas individuais e colectivas nos 6 concellos que conforman a parte galega da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerêz-Xurés, nas cales os colectivos Feitoría Verde MaOs Innovación Social, centra a atención na recollida de patrimonio cultural material e inmaterial da zona.

Como resultado deste proxecto publicaranse 2 documentais (un deles presentado nestas xornadas), 1 libro sobre patrimonio local, 1 guía divulgativa, 1 mapa do patrimonio, 1 compilación dos cómics creados nos centros de ensino inspirados no patrimonio da zona, 3 rutas sinalizadas (2 a pé e 1 de BTT) e diversos contidos interactivos (3 videoxogos didácticos, imaxes 3D e visitas virtuais a elementos patrimoniais).

Publicado en Blog