Casa da Feira

"A Casa dá Feira" é a típica casa grande dos pobos de montaña do sur de Galicia, que ten na súa construción os materiais nobres da rexión. Fué construída no ano 1874, na Quinta de San Martiño, lonxe da casa principal, pero ao lado da explanada da feira, que lle dió nome. Esta feira celebrábase mensualmente, cada día 24. Na mesma época, foi edificada a Casa do Aceite, onde se conservou un muíño e un lagar de aceite ata mediados do século XX.

Casa dá feira Consta que esta casa fué abrigo de familias pobres que pagaban a súa estadía e sustento con traballos na quinta, onde se producía sobre todo, aceite, millo e viño.

Despois dalgunhas décadas en ruínas, fué reconstruída entre os anos (2007 -2009) e transformada nunha casa de turismo rural, con restaurante e centro de ocio.

A súa localización, a un quilómetro escaso da capitalidade de Lobios, con vistas á Serra do Xurés, é un excelente punto de partida, para, en calquera dirección, encontrar motivos de interese - ao norte a montaña de Entrimo, ao leste as interesantes aldeas da Regada, Sampaio, A Cela, etc; ao sur o mellor do Parque Transfronteirizo, (Baixa Limia e o Parque Nacional Peneda Geres), e ao Oeste as aldeas de Manín, ou Compostela, ata a histórica aldea de Lindoso, xa en territorio portugués.

Veña a ver as nosas propostas para gozar do mellor do Xurés - Gerês.

Aquí, os únicos que non faltan son motivos....

A Casa dá Feira e o seu equipo espéranlles....!

Lugar da Portaxe nº 9

32870 - San Martiño
Lobios - Ourense

Tlfs: (+34) 988 448 138  - (+34) 697 689 635
Web: www.xuresactivo.es
Email: 


Ver XURES ACTIVO.ES en un mapa más grande

   
   
 Acerca de limiaverde.com | Aviso legal | Contactar
 Copyright © 2009-2013 Limia Verde
 Desenvolvemento  NETGAL
AGADER Axencia Galega de Desenvolvemento Rural            Xunta de Galicia Consellería do Medio Rural             Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino        Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural